Rúa do Conde nº34 - baixo
Lugo - 27003 - Lugo
Tlf. 982 252 859 - Fax. 982 280 308
lugo@academiapostal.es
www.academiapostal.es
PRESENTACIÓN DO CENTRO
Grupo Academia Postal foi fundada por Francisco Nóvoa Rodríguez en Ourense no ano 1968, inicialmente como centro preparador de oposicións a Correos. Pola súa profesionalidade e polos seus resultados positivos converteuse en breve en todo un referente de calidade e garantía para preparar oposicións. Con este aval e atendendo á gran demanda de opositores e para impartir outro tipo de formación, xurdiu a necesidade de ampliar e consolidar unha "rede de centros" con sede en: Vigo (1991), Santiago (1993), A Coruña (1994), Lugo (1995), Pontevedra (2000), Ferrol (2002), Oporto (2001), Valladolid (2005) e por último Madrid. Ademais, créase en 1995 unha editorial propia para a elaboración de todo o material didáctico que se necesita nos centros, así como para a venda directa e distribución a nivel nacional, especialmente de textos preparatorios de oposicións a librerías e particulares.
Paralelamente ampliouse a oferta formativa e na actualidade nos centros de GAP xestiónase e impártese formación dirixida a diversos colectivos e de moi diverso contido: preparación para acceso ao emprego público (oposicións), formación ocupacional e continua para traballadores, formación profesional regulada, formación para administracións públicas e plans específicos para empresas, formación on-line, apoio ao estudo, novas tecnoloxías, idiomas...
O éxito durante máis de catro décadas é o resultado da aplicación do "método postal" que se fundamenta no traballo rigoroso e no seguimento persoal do alumno, a través de profesores, titores e directores das distintas áreas formativas, que asesoran e motivan para conseguir o obxectivo académico desexado.
Os resultados son o mellor aval: así pódense citar os máis de 21 500 alumnos de oposicións que conseguiron un posto na Administración, contar con múltiples homologacións para impartir diversas especialidades de formación ocupacional, así como o prestixio de ser a primeira empresa recoñecida pola multinacional Cisco Systems como Regional Academy para Galicia, entre outros.
Froito desa inquietude pola mellora constante da calidade integral, tanto na xestión da empresa coma no ensino e servizos que se lle prestan ao alumnado, Grupo Academia Postal conta con certificacións ISO 9001, ISO 66181 en formación virtual e ISO 14001 en xestión ambiental.
A maiores da actividade principal como centro de formación, a empresa reflicte a súa responsabilidade e compromiso social, participando noutros labores de importancia como o fomento do deporte (equipos propios de fútbol sala e de atletismo a nivel nacional, patrocinio doutros deportes como o ciclismo ou o fútbol a nivel local). Tamén colabora de forma habitual na promoción de diversas actividades culturais ou na edición regular de material didáctico en galego para a formación regulada.
TIPO DE FORMACIÓN A IMPARTIR
o OPOSICIÓNS
A preparación de alumnado para os exames de ingreso na Administración pública foi o xerme desta empresa e os resultados académicos duns 21 500 alumnos que aprobaron unha ou varias oposicións, fan que este sexa un centro de referencia no sector. Prepáranse oposicións para o ingreso en distintas administracións públicas de ámbito nacional, autonómico, sanitario, universitario e local. A filosofía de traballo de Academia Postal céntrase en conseguir que o seu alumnado aprobe a oposición máis axeitada aos seus intereses e perfil persoal no menor tempo posible. Para iso, aposta por un ensino "tradicional", rigoroso, con temarios de elaboración propia e a especialización do persoal docente, sen esquecer a importancia do valor humano e a motivación ao alumnado-opositor que ten como obxectivo conseguir un posto de traballo fixo na administración.
o CICLOS FORMATIVOS
Dende 2001, o noso centro de Lugo está homologado pola Xunta de Galicia para impartir formación profesional fundamentalmente da familia de Informática.
A nova formación profesional cualifica o alumnado en módulos concretos, todos relacionados co traballo que hai que realizar e fundamentais para a súa inserción laboral na empresa privada ou para o autoemprego. Ademais, as prácticas obrigatorias facilitan que moitos deles se integren directamente nas máis de 100 empresas que temos como colaboradoras.
o APOIO AO ESTUDO
Impártense clases a alumnado de todos os niveis educativos individuais ou en grupos reducidos nos propios centros ou ben como clases particulares a domicilio. Na mesma división prepáranse centos de alumnos para probas específicas como son as de acceso a ciclos formativos, selectividade, acceso á universidade para maiores, probas libres de graduado ou probas de competencias clave para acceder a certificados de profesionalidade.
o IDIOMAS
Ademais dos idiomas estranxeiros habituais destaca como novidade a impartición de chinés mandarín que está a ter moita demanda nos últimos anos nas distintas localidades e a realización de cursos de inglés especialmente destinados a adultos, nos que se segue un sistema mixto on-line e presencial que inclúe clases de conversación con profesorado nativo.
o FORMACIÓN OCUPACIONAL
Os centros GAP contan coa homologación da Xunta de Galicia para impartir uns 90 cursos de formación ocupacional convocados cada ano para os traballadores desempregados, maioritariamente con acceso aos novos certificados de profesionalidade. Ademais da certificación oficial, centos de alumnos reciben cada ano unha formación de calidade, teórica e práctica, encamiñada a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.
o FORMACIÓN PARA ADMINISTRACIÓNS
Trátase de formación de actualización profesional do propio persoal da Administración xeral do Estado, Xunta de Galicia, Deputacións, etc. ou ben cursos financiados con fondos públicos, orientados a colectivos específicos.
o FORMACIÓN ON-LINE
A oferta formativa da súa plataforma dixital é variada. No seu Campus Virtual, o alumnado pode realizar cursos con contidos en informática a distintos niveis, deseño, xestión de empresa, cursos oficialmente baremables nos procesos selectivos do SERGAS, psicotecnia e preparación de oposicións on-line, formación para a obtención da certificación en competencias dixitais, etc, de maneira que cada alumno ou empresa pode planificar a súa formación de forma personalizada en calquera lugar e a calquera hora.
Á oferta propia a través da rede engádese un convenio de colaboración coa UNIR (Univesidad Internacional de La Rioja) líder en formación universitaria on-line, ofrecendo a posibilidade de cursar estudos de postgrao oficiais dende a súa plataforma virtual. Tamén de ciclos formativos de formación profesional oficial en modalidade on-line, mediante convenio con CEPAL, dando así resposta ás necesidades de moitos alumnos que non dispoñen de tempo ou de posibilidade de desprazarse a un centro, e desexan cursar estudos oficiais ao seu ritmo.
o NOVAS TECNOLOXÍAS
É a área da innovación. As súas raíces remóntanse a 1982, cando aínda coa informática acabada de nacer, Francisco Nóvoa apostou por crear unha empresa dedicada a impartir aquela incipiente informática, con enormes e custosísimos equipamentos. Co paso dos anos, nos centros de GAP impártese informática de usuario, en modalidade presencial e on-line pero hai que destacar o recoñecemento de varias das principais empresas líderes en NNTT: da multinacional Cisco Systems como centro certificado para impartir a formación máis punteira en redes informáticas, contando cunhas infraestruturas e equipo de profesorado coa máxima cualificación na materia, acreditada por Cisco.
É ademais centro oficial examinador de Pearson Vue, Prometric e Certiport, e centro oficial para impartición de certificacións Microsoft Centros Partner e It Academy Program.
Atendendo ás novas necesidades que presenta o alumnado e a propia administración, GAP imparte a formación necesaria para obter a Certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
o A FORMACIÓN CONTINUA E BONIFICADA PARA EMPRESAS
Nesta división GAP centra os seus maiores esforzos na actualidade e tamén as maiores expectativas. Para cubrir as necesidades de formación que teñen as empresas a nivel local e nacional, creouse en 2009 unha empresa específica denominada PEN Consultoría y Formación, para xestionar a formación continua e bonificada. A consultoría xestiona proxectos formativos para empresas de todos os sectores, deseñando plans axeitados a cada situación e presuposto.
O horario de atención ó público é o seguinte: de 09:00h-14:00h e de 16:00h-21:00h
MEDIOS DIDÁCTICOS – INSTALACIÓNS – MATERIAIS
oEquipos audiovisuais
oPCs instalados en red, cañón de proxección e internet
o Software específico das especialidades
o Pizarras para escribir con rotulador
o Rotafolios
o Material de aula
o Mesas y cadeiras para formador
o Mesas y cadeiras para alumnos
o Proxectores
o Programas informáticos para o aprendizaxe de ingles
o Reprodutores e grabadores de sonido
o Diccionarios bilingües
ESPECIALIDADES FORMATIVAS NAS QUE ESTÁ HOMOLOGADO/ACREDITADO
SSCS0208, ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS, 450
IFCD0110, CONFECCIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB, 560
IFCT0110, OPERACIÓNS DE REDES DEPARTAMENTAIS, 530
ADGG0508, OP. DE GRABACIÓN E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS, 440
ADGG0308, ASISTENCIA DOCUMENTAL E DE XESTIÓN EN DESPACHOS E OFICINAS, 750
SSCE0110, DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO, 380
ADGD0210, CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS, 520
IFCT0108, OP. AUX. DE MONTAXE E MANTEMENTO DE SIST. MICROINFORMÁTICOS, 370
ADGD0108, XESTIÓN CONTABLE E XESTIÓN ADMINISTRATIVA PARA AUDITORÍA, 650
ADGD0208, XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS, 780
ADGG0108, ASISTENCIA Á DIRECCIÓN, 630
ADGG0208, ACTIVIDADES ADM. NA RELACIÓN CO CLIENTE, 820
EOCO0108, REPRESENTACIÓN DE PROXECTOS DE EDIFICACIÓN, 620
HOTG0108, CREACIÓN E XESTIÓN DE VIAXES COMBINADOS E EVENTOS, 690
ALUGUER DE AULAS
Entre os servizos que oferta en lugo, atópase o de aluguer de aulas e despachos.
OUTRA INFORMACIÓN
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Grupo Academia Postal conta cun Servizo de Normalización Lingüística, que intenta dinamizar a lingua a través de actos de difusión da lingua galega. Promove a normalización en todos os centros que del dependen e das súas contornas e a normativización a través da tradución e a corrección de material didáctico e documentación de empresa, e mesmo se ofrece o servizo a empresas externas.
O CPR GAP conta co seu propio Equipo de dinamización da lingua galega para que tanto o alumnado como o persoal docente, o persoal administrativo e as súas familias participen en actividades que fomenten o uso da nosa lingua cunha visión positiva. Anualmente preséntase co proxecto educativo de centro o proxecto do equipo para levar a cabo actividades paralelas ao desenvolvemento dos ciclos formativos.