PROTECCIÓN DE DATOS E SERVICIOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
O presente documento ten por obxecto describi-la política de protección de datos de Cecap Galicia, (en adiante CG), domiciliada en Avenida de Lugo nº 2, A Baixo, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña), con Código de Identificación Fiscal G-15299027.
Os datos de carácter persoal recollidos a través do portal de CG. www.cecapgalicia.org, (en adiante, o Portal) serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados os arquivos automatizados de CG, sendo esta Sociedade titular e responsable dos seus propios arquivos.
Nos formularios onde se recollan datos de carácter persoal, sinalaranse os distintos campos cuxa cumplimentación é necesaria para realiza-lo rexistro correspondente.
O tratamento automatizado a que serán sometidos tódolos datos de carácter persoal recollidos a través deste portal teñen como finalidade o mantemento da relación contractual no seu caso establecida co propietario do portal, a xestión, administración, prestación, ampliación e mellora dos servicios que o Usuario decida utilizar, a adecuación dos devanditos servicios ás preferencias e gustos dos Usuarios, o estudio da utilización dos servicios por parte dos Usuarios, o deseño de novos servicios, o envío de actualizacións dos servicios, o envío, por medios tradicionais e electrónicos, de información técnica, operativa e comercial acerca de servicios ofrecidos po-lo propietario deste portal e/ou por terceiros do sector formación.
No caso de envío de currículos, ademais, poderanse cede-los datos persoais a terceiros (centros formativos asociados a CG) sempre e cando o devandito currículo non sexa enviado a ningún centro formativo asociado en particular.
O Usuario titular dos datos persoais poderá exercer, nos termos e as limitacións establecidos po-la normativa vixente, os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante correo postal á dirección sinalada no encabezado da presente Política de Protección de Datos de Carácter Persoal, indicando no sobre "BAIXA REXISTRO INTERNET".
Na carta deberá indicar:
- - A dirección de correo electrónico coa que figura a sua alta na nosa base de datos.
- - Fotocopia do DNI
- - Dirección postal
- - Teléfono de contacto.
CG garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal. Con todo, revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ó caso. Os datos de carácter persoal poderán ser conservados nos arquivos titularidade de CG incluso unha vez finalizadas as relaciones formalizadas a través do Portal, exclusivamente para os fins indicados anteriormente e, en todo caso, durante os prazos legalmente establecidos, a disposición de autoridades administrativas ou xudiciais.
A entrega dos datos de carácter persoal a través de calquera medio establecido no Portal, supón a autorización expresa do Usuario para realiza-lo tratamento sinalado nos párrafos anteriores.